Soneto a Orfeo
Entón ascendeu unha árbore. Pura superación!
Oh, canta Orfeo! Alta árbore no oído!
E calou todo. Pero aínda neste calar
xurdiu un novo comezo, sinal e transformación.
Animais de silencio abríronse paso, saíron
do claro bosque libre, de leitos e goridas;
e viuse que non era por astucia
polo que estaban, neles, tan calados
senón por escoitar. Ruxidos, berros, bramidos
parecían pequenos no seu corazón. E onde había un momento
houbo unha choza apenas que recollese isto,
un refuxio do máis escuro desexo,
cunha entrada de xambas trementes,
ti creácheslles un templo no oído.
Rilke
0 Response to "Soneto a Orfeo"
Publicar un comentario