Posturas pra copular en Homenaxe


Posturas para copular en homenaxe

Ponte de luz, carbón, pólvora e ollos
negros de nenos mortos cravados nas salas do pazo.
Ponte de corazón, ladrillo, fósforo
con cincocentas espirais para chegarlle ao verde cumio e
ocultadas sedas.
Ponte de mar, estrondo, primavera
e mans estremecendo o vaso, amante, no que cantan as
sedes doutro tempo.
Ponche de contemplar, amor, antigamente
e docemente e perder como vidas vellas e tirar a chaqueta
cada día.
Ponte de ponte; ponche, amiga, en ponte
estrangulando o río no que bruo e bramo con carballos, follas.
Ponche para saír a faldra nova
e, tan ridículo polo xardín, naceranche nos ollos lúas, avespas
e unha jarrita de mel.
Ponte de costas, natural e lume
negro polos baixos conmoverá os teus dentros con gruñido vivo
sen vivir en min.
Ponte de pel de caluga, de seixo, de ombro,
pena do crepúsculo, ao igual que unha caixa de música ou
cerdeiras.
Ponte de frío, ponte estatuaria
e cada embate será líquido inmóbil, abril de xade, estigma de
alabastro.
Ponte de recorrer, ponte de lingua
e unión, tormenta, carne polo discurso, palabras como pasto
orballado.
Ponte de viño, en fin, e cabaza
e teñamos, amor, amor, unha fogaza candeal e ollos para mirar
o bo lume e a morte.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

0 Response to "Posturas pra copular en Homenaxe"

Publicar un comentario