Portas do teu corpo
Oh portas do teu corpo
Son nove e abrinas todas
Oh portas do teu corpo
Son nove e para min volvéronse pechar todas
Na primeira porta
A Clara Razón morreu
Era acórdaste? o primeiro día en Niza
O teu ollo esquerdo así como unha cobra deslízase
Ata o meu corazón
E que se volva abrir de novo a porta da túa mirada esquerda
Na segunda porta
Morreu toda a miña forza
Era acórdaste? nun albergue en Cagnes
O teu ollo dereito palpitaba como o meu corazón
As túas pálpebras latexaban como na brisa latexan as flores
E que se volva abrir de novo a porta da túa mirada dereita
Na terceira porta
Escoita latexar a aorta
E todas as miñas arterias inchadas polo teu só amor
E que se volva abrir de novo a porta do teu oído esquerdo
Na cuarta porta
Escóltanme todas as primaveras
E aguzando o oído escóitase do bonito bosque
Subir esta canción de amor e dos niños
Tan triste para os soldados que están na guerra
E que se volva abrir de novo a porta do teu oído dereito
Na quinta porta
É a miña vida que che traio
Era acórdaste? no tren que volvía de Grasse
E na sombra moi preto moi bajito
A túa boca dicíame
Palabras de condenación tan perversas e tan tenras
Que pregunto á miña alma ferida
Como puiden oílas sen morrer
Oh palabras tan doce tan fortes que cando o penso me parece tocalas
E que se abra de novo a porta da túa boca
Na sexta porta
A túa xestación de putrefacción oh Guerra está a abortar
Velaquí todas as primaveras coas súas flores
Velaquí as catedrais co seu incenso
Velaquí as túas axilas co seu divino olor
E as túas cartas perfumadas que ulo
Durante horas
E que se volva abrir de novo a porta do lado esquerdo do teu nariz
Na sétima porta
Oh perfumes do pasado que a corrente de aire se leva
Os efluvios salinos daban aos teus labios o sabor do mar
Olor mariño olor de amor baixo as nosas ventás morríase o mar
E o olor das laranxeiras envolvíate de amor
Mentres nos meus brazos te anicabas
Quieta e calada
E que se volva abrir de novo a porta do lado dereito do teu nariz
Na oitava porta
Dous anxos bochudos coidan das rosas trementes que soportan
O ceo exquisito da túa cintura elástica
E teño me aquí armado cun látego feito con raios de lúa
Os amores coroados con xacinto chegan en tropel.
E que se volva abrir de novo a porta da túa alma
Coa novena porta
É preciso que saia o amor mesmo
Vida da miña vida
Me xunto contigo para a eternidade
E polo amor perfecto e sen ira
Chegaremos á paixón pura e perversa
Segundo o que queiramos
A todo saber a todo ver a todo oír
Eu renuncieime no segredo profundo do teu amor
Oh porta umbrosa oh porta de coral viva
Entre dúas columnas de perfección
E que se volva abrir de novo a porta que as túas mans saben abrir tan ben
0 Response to "Portas do teu corpo"
Publicar un comentario