Beckett
Si, fun o meu pai e fun o meu fillo, formuleime preguntas e contesteinas o mellor que puiden, fíxenme repetir, noite tras noite, a mesma historia, que sabíame de memoria sen poder crela, ou nos iamos, collidos da man mudos mergullados nos nosos mundos, cada un nos seus mundos, coas mans esquecidas, unha na outra. Así sobrevivín, ata o presente. E aínda esta noite semella que todo marcha ben, estou nos meus brazos, sostéñome entre os meus brazos, sen moita tenrura, pero fielmente, fielmente. Durmamos, como baixo aquela afastada lámpada,embriagados por falar tato, escoitado tanto, pensado tanto, xogado tanto
0 Response to "Beckett"
Publicar un comentario